email: info@salnesempleo.es

O GROVE: CONVOCATORIA DE PROCESO SELECTIVO DE SOCORRISTAS, SANITARIOS E PATRÓN

A Xunta de Goberno Local do Concello do Grove de data 13/05/2019 aprobou a convocatoria e as bases dos proceso selectivo para a contratación de de 12 socorristas, 7 sanitarios e 1 patrón para o servizo de salvamento en praias do Concello do Grove na tempada de baño 2019.

As bases estarán expostas no Taboleiro de Anuncios e na páxina web do Concello do Grove (www.concellodogrove.es). O período de presentación de instancias será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Enlace: Concello de O Grove