email: info@salnesempleo.es

Concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

IV. Oposicións e concursos Servizo Galego de Saúde

De conformidade co establecido no Decreto 125/2017, do 30 de novembro, no Decreto 161/2018, do 5 de decembro, e no Decreto 30/2019, do 14 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para os anos 2017, 2018 e 2019 respectivamente, este centro directivo, logo da elaboración pola Comisión Técnica de Procesos Selectivos e posterior negociación coa representación sindical no seo da Mesa Sectorial de Negociación e no uso das competencias que lle atribúen o artigo 8 dos mencionados decretos e o artigo 4.1.b) da Orde do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve convocar concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría de acordo coas seguintes..

Origen: RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.