email: info@salnesempleo.es

CONCELLO DE VIGO Modificación da oferta de emprego público do ano 2018.

A Xunta de Goberno local, na sesión extraordinaria e urxente do 21 de xaneiro de 2019, adoptou acordo de resolución do recurso de reposición interposto contra o acordo da Xunta de Goberno local do 23.11.2018, polo que se aproba a oferta de emprego público do Concello de Vigo para o ano 2018 (expediente 33226/220), no sentido seguinte:

Primeiro. Desestimar, de conformidade cos informes emitidos no expediente, e pola motivación legal exposta, a petición de suspensión do acto impugnado, solicitada pola representación da sección sindical do sindicato de traballadores CC.OO. do Concello de Vigo.

Segundo. Estimar parcialmente, de conformidade cos informes emitidos no expediente, o recurso interposto rectificando nunha praza o número de vacantes correspondente a Oferta de Emprego Público 2018, segundo o informe técnico da data da sinatura electrónica.

Más Información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190219/AnuncioL257-310119-0001_gl.html